Máis pingas do novo Terminator 4

0
214

Terminator 4James Middleton, ún dos produtores asociados da vindeira película Terminator 4, desvelou que o governador de Califórnia, Arnold Schwarzenegger, definitivamente non estará neste filme nin en ningún outro que se faga no futuro dentro da nova triloxía que agardan realizar.

Middleton tamén botou abaixo algúns rumores sobre o papel de John Connor, decindo que o persoaxe terá un papel moi relevante no filme, titulado Terminator Salvation: The Future Begins. Middleton dixo que este filme presentará a un novo persoaxe principal.

É post-apocalíptico” dixo Middleton nunha entrevista concedida no descanso dunha convención de fans dos cómics en Los Angeles, onde estaba a promocionar a vindeira série da canle Fox Terminator: The Sarah Connor Chronicles (na que el é produtor consultivo).

Está ambientada após dos acontecementos de Terminator 3, onde vemos o intercámbio nuclear ao remate do filme, e amosamos como é o mundo após deste acontecemento, e como a xente tenta sobrevivir nun mundo post-apocalíptico“, engadiu Middleton. “E presentaremos un novo persoaxe, que será moi importante para a resisténcia e para John Connor, un novo heroe. Todo vai realmente sobre o nacemento dun novo heroe“.

Middleton tamén confirmou a preséncia do protagonista de Batman Begins, Christian Bale, para este filme. Anteriormente xa se informara de que se levaría o papel de John Connor.

Con respeito a Schwarzenegger, Middleton dixo que o cyborg orixinal fora tanteado para facer un posíbel papel ou un cameo antes da súa elección como governador de Califórnia, pero que agora ten outras prioridades e non hai ningunha posibilidade de que Schwarzenegger apareza en Terminator Salvation nin nos seguintes filmes mentres sexa governador.