A verdade após Iron Man 2

0
203
Don Cheadle
Don Cheadle

Cando se anunciou que Don Cheadle se facía co papel de Terrence Howard na vindeira entrega de Iron Man, estaba claro que había algo atrás desa decisión. Agora os nosos reporteiros veñen de desvelar a verdade após dalgunhas averiguacións con fontes achegadas á produción.

Algúns apuntan a que o problema estivo no comportamento inaxeitado de Howard durante a rodaxe no plató da primeira parte de Iron Man, o que obrigou ao director Jon Favreau a curtar e refacer moitas escenas durante o proceso de produción.

Outros din que a cousa é un asunto de finanzas. Howard foi o primeiro actor que asinou para facer o filme e tiña o salário máis alto, así é que cando rematou a película xa era tarde de máis para renegociar o seu contrato.

Polo tanto, cando Favreau e mais o guionista Justin Theroux sentaron para facer a secuela, o persoaxe de Rhodes ficou minimizado e os axentes do actor recebiron unha oferta drásticamente inferior á inicialmente agardada.

E ainda que pareza terríbel, o certo é que a devandita oferta era por unha cantía semellante á dos demáis actores secundários que interviron na primeira parte, pero ainda así, era entre un 50 e un 80 por cento inferior á que Howard obtivo por facer a primeira parte.