A Conquista dos Símios

0
235
Conquest of the Planet of the Apes
Conquest of the Planet of the Apes

Todos os rumores apuntan a que a 20th Century Fox está a considerar facer unha nova versión do clásico da ciéncia-ficción O Planeta dos Símios.

Pero esta vez non será unha secuela do filme de Tim Burton, nin outro relanzamento do orixinal de 1968, senón un remake da cuarta entrega da série orixinal, a que levaba por título A Conquista do Planeta dos Símios.

Aquel filme estaba ambientado nun futuro distópico onde os símios foran domesticados e narraba a história de César, o primeiro símio que puido falar e que foi o que comezou a série de acontecementos que levaron a un mundo onde os símios están por riba dos seres humanos, reducidos éstes ao papel de bestas salvaxes.

O novo guión titúla-se “Genesis: Apes” e está escrito por Rick Jaffa e Amanda Silver. Esta vez está ambientado nunha sociedade actual, e César foi creado por un científico xenético que o leva á súa casa e o cría coma o fillo que el e mais a sua esposa nunca puideron concebir.

Após de matar a un ser humano nun ataque e ser xulgado, as cousas poñerán-se violentas e César liderará unha revolta para unir aos símios e arroxar á humanidade do trono que ocupa.