Novas rapazas Bond

0
226

Olga KurylenkoA actriz ucraína Olga Kurylenko (Hitman) ven de ser contratada para o papel protagonista feminino no vindeiro filme que interpretará Daniel Craig na pel de 007, cuxa produción escomezou o pasado día 7 de xaneiro en Londres. O anúncio foi realizado polos produtores Michael G. Wilson e Barbara Broccoli da EON Productions Ltd., a Sony Pictures Entertainment e mais a Metro-Goldwyn-Mayer.

Olga Kurylenko interpretará á perigosa e atractiva Camille, que desafía a Bond e lle axuda a aceptar as consecuéncias emocionais da traizón de Vesper“, dixeron Wilson e Broccoli nunha declaración conxunta, referíndo-se ao papel de Vesper Lynd (Eva Green) no anterior filme, Casino Royale.

Kurylenko, unha antiga modelo cuxas fotos ben lixeiriña de roupa poden atopar-se doadamente pola Rede, protagonizou recentemente xunto a Timothy Olyphant o filme Hitman e xunto a Elijah Wood fixo Paris, je t’aime.

Kurylenko úne-se a un reparto que xa inclúe aos “reincidentes” Craig e Judi Dench e aos novos Mathieu Amalric (coma inimigo de 007) e Gemma Arterton, que fará o papel da axente do MI6 Fields.

Asimesmo, no reparto están tamén Jeffrey Wright coma Felix Leiter e Giancarlo Giannini coma Mathis.