Á venda a novela póstuma de Terry Pratchett

2030

A derradeira novela da saga Discworld, que Terry Pratchett escribiu antes de morrer o pasado 12 de marzo, publíca-se hoxe en Inglaterra.

The Shepherd’s Crown, o tomo número 41 da série, estará dispoñíbel a partir das 23.00 horas GMT nas librarías de Londres, Oxford e Newcastle, onde se agarda que os fans do mestre Pratchett fagan cola para se faceren cun exemplar ao prezo de 20 libras (27 euros).

Rob Wilkins, amigo e axudante do escritor, lerá na libraría Waterstones de Piccadilly, no centro da capital inglesa, fragmentos da nova novela, nun acto para o que xa están esgotadas as 200 entradas que se puxeron á venda.

Wilkins mecanografou as derradeiras obras de Pratchett cando o Parkinson que padecía dende 2007 só lle permitía dictar o texto dos seus libros.

As novelas de Pratchett, que morreu aos 66 anos, traducíron-se xa a 37 línguas e venderon mais de 85 millóns de cópias en todo o mundo.

Wilkins revelou que The Shepherd’s Crown estaba rematado “ao 90 por cento” cando a enfermidade impediu ao escritor continuar co seu traballo: “Foi un libro difícil de completar porque a saúde de Terry declinaba no derradeiro ano, ainda que ainda disfroitaba coa escritura“.

Non foi quen de puli-la tanto como lle gostaría e hai algunhas ideias que lle gostaría ter despregado un pouco mais, pero nunca tivo a oportunidade“, dixo.