Galaxy Quest, unha série da Amazon

0
513

A comédia de culto de ciéncia-ficción de 1999 Galaxy Quest está por se converter axiña en série de televisión, grazas á Amazon Studios.

O co-guionista do filme orixinal, Robert Gordon, escribirá un episódio piloto e o director Dean Parisot encargará-se non só da realización senón que ademáis será o produtor executivo xunto aos produtores orixinais da longametraxe, unha das mais queridas e aprezadas polos fans.

A Amazon rodará o episódio piloto e logo decedirá se queren seguir adiante con mais capítulos. Polo de agora non se sabe quen poderá interpretar aos membros da tripulación do Protector, a nave a bordo da que vivía as súas aventuras interestelares o reparto da desaparecida série de televisión Galaxy Quest.

O filme parodiou con grande éxito aos filmes clásicos de ciéncia-ficción, á série de televisión Star Trek e mesmo a actividade dos fans.

Tim Allen, Sigourney Weaver, Sam Rockwell e Alan Rickman protagonizaron esta película, na que uns extra-terrestres confunden á série Galaxy Quest cun documental e deciden capturar aos actores para que lles axuden contra unha raza de guerreiros espaciais.