A CBS cancela Under the Dome

0
544

A CBS ven de decidir non renovar a adaptación á pequena pantalla da novela de Stephen King Under the Dome por unha cuarta tempada, polo que a série rematará definitivamente o vindeiro 10 de setembro.

Baseada na novela homónima do mestre do terror, a história vai sobre unha pequena vila que é inexplicábelmente selada do resto do mundo por unha enorme cúpula transparente. A série, que deu comezo no verán de 2013, tivo ao comezo unhas críticas moi positivas e unha média de 11,1 millóns de espectadores ao longo da súa primeira tempada.

De feito, o éxito foi tal que a CBS animou-se a producir outras séries de xénero ao longo do verán, coma Extant o ano pasado ou Zoo este ano.

A xeira triunfal de Under the Dome nombergantes non durou moito mais. A partir da segunda tempada quedou claro que a história, que era perfecta para facer unha minisérie, ía-se alongando mais e mais sen ningún senso e converténdo-se nunha série sen final, deixando todas as preguntas abertas e sen resposta, ao xeito de Lost.

Xa na terceira tempada, os índices de audiéncia caíron en picado e tanto a crítica coma os fans abandoaron as emisións, que só puideron chegar a 4,2 millóns de espectadores de média por capítulo.

A canle confirmou en todo caso que a série terá un remate claro e que a semana que ven veremos cair a cúpula.