A canle NBC ven de se comprometer a producir o episódio piloto de Brides, unha nova série dramática de tintes góticos orixinal do escritor de obras de teatro e guionista de cinema Roberto Aguirre-Sacasa (Carrie) e mais do célebre produtor de televisión Greg Berlanti (Supergirl, The Flash).

Situada no New York dos nosos días, o proxecto ofrece unha nova versión da clásica novela de terror Dracula de Bram Stoker e vai sobre a ideia de que as tres poderosas mozas-vampiro do conde transilván non foron asasinadas por Van Helsing, senón que sobreviviron ao longo dos séculos e que agora viven na cidade de New York.

A história narrará como os tres persoaxes manteñen a súa riqueza, a sona, o seu legado e unha família lonxe de ser tradicional. Aguirre-Sacasa, Berlanti e Sarah Schechter serán os produtores executivos.