Kenneth Branagh dirixirá Artemis Fowl

1238

Kenneth Branagh foi contratado para desenvolver e posíbelmente tamén para dirixir unha adaptación ao cinema da popular série de novelas para adolescentes de Eoin Colfer Artemis Fowl para a Disney Pictures.

A série vai sobre o brillante e espelido xénio criminal de 12 anos Artemis Fowl II, cuxo plan para extorsionar ouro ás fadas pón-o directamente no punto de mira dalgunha das mais perigosas criaturas do mundo.

O escritor teatral irlandés Conor McPherson está en conversas para se encargar de escribir o guión. O proxecto, que levaba no limbo un par de anos, semella contar agora con mais posibilidades de se converter en realidade. Harvey Weinstein e Branagh serán os seus produtores.

Branagh está nestes intres planeando dirixir unha nova adaptación ao cinema da célebre novela de Agatha Christie Murder at the Orient Express para a 20th Century Fox.