EVE Online terá unha série de televisión

0
548

Após das moi positivas críticas á proxección anoite do seu filme Everest no Festival de Cinema de Venezia, o director de cinema islandés Baltasar Kormákur vai-se asociar co lendário director de Alien Ridley Scott para realizar unha nova adaptación á pequena pantalla do vídeo xogo de rol multixogador EVE Online.

O proxecto está ambientado no xogo online do mesmo nome, nunha galáxia de 7.800 sistemas estelares mais de 21.000 anos no futuro. Os persoaxes pilotan naves configurábeis e poden participar en moitas actividades dentro do xogo coma minería, piratería, indústria, comércio, exploración e combate. Lanzado orixinalmente en 2003, en á penas dez anos fíxo-se con máis de médio millón de suscriptores de pago.

Após de se faceren cos dereitos da sua editora, a CCP Games, a RVK Studios de Kormákur e mais a Scott Free de Ridley Scott producirán conxuntamente a adaptación. Neste intre están a conversar con posíbeis finanzadores co obxectivo de crear un episódio piloto para a nova série.