Tintín serán dous filmes

0
183
Tintín
Tintín

As cousas non foron nada ben dende que Steven Spielberg se fixera cos dereitos para o cinema sobre o mais clásico persoaxe do cómic belga, Tintín, do que se quería facer unha triloxía. Nombergantes, seica o esforzo está a chegar a bó porto grazas aos xaponeses.

A Sony Pictures está agora en conversas para co-financiar os proxectos dixitais en 3D de Tintín que Spielberg e mais o director Peter Jackson producirán e realizarán.

A Universal e mais a Paramount tiñan a intención orixinalmente de cofinanciar este proxecto titánico, pero nestes tempos de crise a Universal rduciu drásticamente o seu presuposto de 135 millóns de dólares, dado que Tintín non é á penas coñecido nos Estados Unidos, onde se xera case o 75% do negócio do cinema, incluindo os ingresos polos despachos de billetes.

Asi as cousas, semellaba que após da ruptura entre a DreamWorks e a Paramount o proxecto escurecía-se cada vez mais até o punto que se pensou en abandoa-lo. A Paramount mesmo ofreceu-se a financiar o filme pola súa conta eles sós, pero Spielberg decidiu-se a escoitar unha oferta millor.

Co novo trato, a Paramount distribuirá o filme en América do Norde e nalgúns outros países de fala inglesa, mentres a Sony será a encargada de lanza-lo no resto do mundo. O filme se rodará coa tecnoloxía de captura de movementos.

Ademais, agora o proxecto xa non terá ningunha asociación coa DreamWorks, e serán só dúas películas no lugar das tres que se pretendían facer nun primeiro intre.

Spielberg será o director da primeira entrega, que se estreará en 2010, mentres que Jackson se encargará da segunda.