A secuela de Goosebumps xa en marcha

1295

A Sony Pictures xa comezou o desenvolvemento dunha secuela para Goosebumps, o filme aínda sen estrear que versiona as novelas do escritor para nenos R.L. Stine.

A primeira destas longametraxes que combinan o terror e mais a comédia para toda a família estreará-se a mediados de outubro e está protagonizada por Jack Black, Zach Cooper e Odeya Rush. Non está claro a estas alturas se os actores, o director Rob Letterman e mais o produtor Neil Moritz regresarán para a segunda parte.

Os estudos polo de agora están concentrados na misión de atopar un guionista que escriba o libreto da secuela, que case con total seguridade continuará as meta-aventuras narradas na primeira parte, no canto de usar algún dos libros que compoñen o extenso catálogo do autor.

Stine publicou xa 181 libros desta série (coñecida en Galiza co seu nome español, Pesadilas) e vendeu mais de 350 millóns de cópias, traducidas a 32 idiomas.