Lemony Snicket xa ten director

0
575

O director de Men in Black Barry Sonnenfeld e mais o antigo showrunner da série True Blood Mark Hudis producirán conxuntamente unha nova série de televisión que mitirá a Netflix e que adaptará á paequena pantalla a saga de libros fantásticos de Daniel Handler Lemony Snicket’s A Series of Unfortunate Events.

Hudis será o show runner, Sonnenfeld o director e ambos serán os produtores executivos do programa. O mesmo Handler traballará tamén coma produtor executivo e a Paramount Television, que produciu a adaptación ao cinema que protagonizaran en 2004 Jim Carrey e Meryl Streep, porá os cartos para finanzar esta nova versión para a tele.

A série vai sobre un trío de orfos que atopan ao malvado Conde Olaf e mais unha chea doutros problemas mentres buscan o xeito de se facer cos dereitos sobre a fortuna da súa família e a verdade sobre a morte dos seus pais.

Polo de agora non se sabe cando comezará a produción deste proxecto.