O espazo entre nós

0
502

A STX Entertainment ven de anunciar oficialmente o título da súa nova película, The Space Between Us, un filme que misturará o romance e mais a ciéncia-ficción e que estará protagonizado por Gary Oldman, Asa Butterfield, Carla Gugino, Britt Robertson, BD Wong e Janet Montgomery.

A história vai sobre dous adolescentes de mundos distintos. Ún é Gardner Elliot, o primeiro ser humán nacido en Marte, criado en segredo nunha colónia experimental após de que a súa nai morrera ao dar a luz.

Con dezaséis anos, comezará un romance online cunha rapaza que vive en Colorado e choca un plan para se atopar con ela. Á fuga e coa gravidade terrestre ameazando a súa vida, deberá loitar contra o tempo e mais a natureza para atopar á súa namorada e gañar-se o seu corazón. Unha vez reunidos, a parella sairá á procura do misterioso millonário que finanzou a expedición orixinal a Marte coa esperanza de descobrir información sobre a existéncia do rapazolo.

A produción desta longametraxe está prevista para escomezar a finais deste mes baixo a dirección de Peter Chelsom.