Mary Elizabeth Winstead (The Thing, Abraham Lincoln: Vampire Hunter) será a protagonista da vindeira série de televisión producida pola canle CBS, un thriller de ciéncia-ficción titulado BrainDead creado por Robert e Michelle King.

A história vai sobre uns áliens devoradores de cerebros que atacan Washington, D.C. Winstead interpretará a Laurel, a filla dun político do Partido Demócrata que abandoa a capital para se adicar a rodar documentais.

Laurel é atraída de volta ao negócio familiar cando o seu irmán, o líder do partido no Senado, precisa a súa axuda. Ela descobre decontado que o governo xa non está funcionando e que os áliens que chegaron á Terra devoraron os cerebros dun gran número de congresistas e dos seus axudantes.

BrainDead será a nova série de verán da CBS, após de que a canle descobrise que os éxitos tamén poden chegar durante as vacacións, tal e coma aconteceu en 2013 con Under the Dome, en 2014 con Extant e este ano con Zoo.