Zoe Saldana, a matar xigantes

0
497

Zoe Saldana ven de se unir ao reparto do filme de Anders Walter I Kill Giants para a Treehouse Pictures e mais a XYZ Films.

Baseada na novela gráfica de Joe Kelly de 2008, Saldana interpretará a unha psicóloga escolar que está a tratar a unha rapaza conflitiva (Madison Wolfe) que loita contra monstros reais e imaxinários na súa vida, formando un ligazón con ela no proceso.

Kelly adaptou o guión mentres Chris Columbus, Justin Nappi e Kim Magnusson están a producir. A rodaxe escomezará a primeiros de 2016.