Woody Harrelson interpretará a un vilán no vindeiro filme da 20th Century Fox e a Chernin Entertainment, War of the Planet of the Apes, a terceira entrega da franquía dos símios dende que se produciu o relanzamento e a oitava película contando dende o seu comezo.

Harrelson fará o papel dun persoaxe chamado o Coronel, pero polo de agora non se coñecen mais detalles da súa releváncia dentro do guión. Úne-se, iso si, a outra recente adquisición para o reparto, Gabriel Chavarria (East Los High)

Matt Reeves, que dirixiu o filme do ano pasado Dawn of the Planet of the Apes, regresa á dirección a partir dun guión de Mark Bomback. Dylan Clark é o produtor e a rodaxe escomezará este outono en Vancouver coa vista posta nunha estrea que non se producirá até 2017.