Os primeiros abducidos

0
537

A Gotham/Principal e mais a Stellar Productions únen-se para produciren conxuntamente o relato de abdución por extra-terrestres Captured, sobre os primeiros americáns que informaron ser secuestrados por alieníxenas.

A história vai sobre Betty e Barney Hill, unha parella interracial de New Hampshire que afirmou que foi secuestrada por un ovni en 1961, estudados por extra-terrestres e logo devoltos á Terra coas memórias borradas ainda que logo recuperadas grazas á hipnose.

Bryce Zabel (Dark Skies) e Jackie Zabel producirán este filme, que incorporará á narración a paranoia da Guerra Fría e a loita da época polas relacións raciais.