A Brétema de Stephen King cubre á televisión

1190

A produtora The Weinstein Company vai desenvolver unha série de televisón fortemente serializada baseada na aclamada novela curta de Stephen King The Mist. Christian Torpe (Rita) escribirá a nova versión, que seica conta coa benzón do mesmo King.

Frank Darabont dirixiu unha adaptación ao cinema en 2007 que ficou moi fiel á obra orixinal até os derradeiros cinco minutos, cando abandoa o final aberto e esperanzador da novela por outro moito mais sinistro e diferente. Ese final dividiu á audiéncia e aos fans.

Segundo os informes, a série optará por unha nova história na que participa unha brétema que semella inócua e que asulaga unha pequena vila con terrores psicolóxicos e creaturas doutros mundos. Os residentes da vila deberán enfrontar-se aos demos mais sinistros e finalmente tamén entre eles.