Boicot contra os Telebonecos

0
455

A organización ultraconservadora American Family Association (AFA), unha filial de One Million Moms, vai-lle pedir aos seus membros que participen nun boicot contra a série da ABC The Muppets (Os Telenecos, na súa versión española), que deu comezo este martes.

A mensaxe central do grupo é “manter-se firme contra a inmoralidade, a violenza, a vulgaridade e a blasfémia que a empresa de entretimento está a arroxar aos vosos fillos“.

Até agora a asociación organizou boicots contra famosos homosexuais (como Ellen DeGeneres), persoaxes gais (tanto da Marvel coma da DC Comics), e criticou á compañía aseguradora GEICO por un anúncio no que aseguraban que se suxería bestialismo.

Nesta ocasión queren chamar a atención cara a The Muppets por un motivo específico: a nova série presentará un tón mais dirixido aos adultos, incluíndo chistes sobre sexo e drogas. No seu sítio Web oficial, a AFA dixo:

A ABC espera que os nenos miren a série e predín que van gozar dalgunhas partes do seu humor, pero Un Millón de Nais non está de acordo. Non é o programa que era antes. A ABC destruiu The Muppets. Cantos pais queren explicar a frase clave dun chiste cargado de sexualidade aos nenos pequenos?

Moitos pais van deixar aos seus fillos que miren un episódio sen se decataren da súa natureza pervertida até que sexa demasiado tarede, a menos que se lles alerte a tempo. Un Millón de Nais e outros grupos necesitan chamar a atención ás famílias para que eviten este programa a toda costa“.

O mesmo grupo xa realizou un boicot anteriormente contra outro dos novos programas que deron comezo este ano, concretamente a série Lucifer da Fox por “facer parecer mais atractivo” a Satán.