Veñen de se dar a coñecer os gañadores dos Prémios Mundiais da Fantasía deste ano, que se conceden anualmente ás millores obras do xénero fantástico no eido da literatura e do debuxo. O anúncio tivo lugar no decurso da Convención Mundial da Fantasía celebrada en Calgary, Canadá, o día 2.
Esta é a listaxe completa cos gañadores:
- Millor Novela: Ysabel por Guy Gavriel Kay
- Millor Novela Curta: Illyria por Elizabeth Hand
- Millor Conto: Singing of Mount Abora, por Theodora Goss
- Millor Antoloxía: Inferno, de Ellen Datlow
- Millor Colección: Tiny Deaths por Robert Shearman
- Artista: Edward Miller
- Prémio Especial Profesional: Peter Crowther (da PS Publishing)
- Prémio Especial Non-Profesional: Midori Snyder e Terri Windling (do sítio Web Endicott Studios)
- Prémio ós Logros dunha Vida: Leo e Diane Dillon e Patricia McKillip