O mundo máxico de Barker na tele

0
456

A canle de televisión The CW vai desenvolver unha nova série titulada Weaveworld baseada na novela homónima de terror e fantasía escrita en 1987 polo creador de Hellraiser, Clive Barker.

Nesta adaptación á televisión, un deseñador de aplicacións para teléfones mobiles úne-se a unha pasteleira que descobriu que ambos están destiñados a ser os gardiáns dun reino mitolóxico ao que se pode acceder a través dun portal nunha vella mansión de Savannah.

Xuntos, loitarán unha batalla épica contra as forzas do mal que están desexando facer-se co poder do mundo máxico. Barker, Jack Kenny e Angela Mancuso serán os produtores executivos.