Fear the Walking Dead, a série Web

0
494

Co remate da série spin-off Fear the Walking Dead este domingo, a AMC ven de anunciar a chegada dunha nova série Web que debutará no sítio oficial da canle.

Fear the Walking Dead: Flight 462 é unha série de 16 partes cun primeiro episódio que se estreará no website oficial da AMC mañá 4 de outubro e posteriormente durante un descanso comercial na estrea da sexta tempada de The Walking Dead o vindeiro 11 de outubro.

Os seguintes episódios, cadaún de menos dun minuto de duración, irán aparecendo cada domingo online e logo nos descansos dos anúncios durante a emisión da sexta tempada de The Walking Dead.

A história irá sobre un grupo de pasaxeiros a bordo dun avión comercial durante os primeiros intres do comezo da vaga. Un dos persoaxes que aparecen na série Web unirá-se ao reparto de Fear the Walking Dead para a súa segunda tempada.