Seica o relanzamento de Ghostbusters, a longametraxe con protagonistas femininas dos Cazapantasmas, non será a única novidade da franquía nos vindeiros meses: a Sony Pictures e mais a Sony Pictures Animation queren lanzar unha série de debuxos animados baseada na súa série. Polo de agora non hai guionistas contratados, pero agárda-se que Ivan Reitman sexa o produtor. A franquía xa contou nos anos 80 cunha série de debuxos que foi moi popular: The Real Ghostbusters.