Control de Danos, a sitcom da Marvel

0
366

Damage ControlA Marvel e mais a ABC producirán conxuntamente Damage Control, unha sitcom de média hora de duración rodada cunha soa cámara e que irá sobre unha equipa de limpeza sobrecargada de traballo e mal pagada que debe amañar as desfeitas producidas polos superheroes da Marvel durante as súas rifas. O produtor de The Daily Show Ben Karlin está atrás desta série, baseada no cómic homónimo.