A Sony planea un filme de Danger Mouse

0
385

A Sony Pictures fíxo-se cos dereitos sobre a clásica série de debuxos animados inglesa Danger Mouse e xa ten plans para transforma-la nunha película para o cinema que producirán a Original Film, a Fremantle Media e mais Neal Moritz.

A prensa informa que a longametraxe podería ser a história até agora nunca contada sobre a orixe do millor axente secreto do mundo, un ratiño branco cun parche nun ollo, e mais do seu tímido axudante Penfold. Os debuxos animados foron de feito unha paródia da saga de James Bond, e Danger Mouse tiña decote que se enfrontar ao seu perigoso inimigo o Barón Silas von Greenback.

A série emitiu-se dende 1981 a 1992 e foi hai pouco relanzado na canle CBBC en Inglaterra coas voces orixinais de Alexander Armstrong, Stephen Fry, Lena Headey e John Oliver.