James Cameron anúncia o cómic de Avatar

0
891

James Cameron en persoa ven de anunciar os seus plans para que a editorial Dark Horse Comics se asócie coa 20th Century Fox e coa Lightstorm Entertainment para produciren unha nova série de cómics baseados en Avatar.

Nun vídeo dado a coñecer no decurso da recente New York Comic Con, Cameron dixo que os cómics tratarán de novas liñas argumentáis dende o pasado, o presente e mais o futuro da popular franquía de ciéncia-ficción.

O presidente da Dark Horse, Mike Richardson, dixo nun comunicado: “James Cameron é ún dos grandes talentos da indústria do cinema. Os seus filmes, sempre á vangarda da tecnoloxía, presentan persoaxes complexos e mundos abraiantes, un feito que se reflicte no estatus de Avatar coma a campiona do despacho de billetes de todos os tempos. Non poderiamos estar mais emocionados de traballar con James e mais a súa equipa da Lightstorm para expandir o impoñente mundo de Pandora“.

Cameron está a traballar na actualidade nas súas tres secuelas do seu filme épico de ciéncia-ficción de 2009 que ainda segue a ser a película con maior recadación de todos os tempos e cun grande marxe de diferéncia con respeito aos seguintes. A primeira desas secuelas ten previsto estrear-se a finais de 2017.