Interceptor, de Heavy Metal ao cinema

1034

A revista de cómic Heavy Metal quere desenvolver a série postapocalíptica de vampiros de Donny Cates e Dylan Burnett Interceptor para facer unha película.

Jeff Krelitz, o CEO que co-adquiriu a mítica cabeceira de cómics de ciéncia-ficción o ano pasado, dixo que a compañía está a desenvolver vários proxectos para a televisión e mais o cinema e xa se puxeron en contacto con algúns guionistas e directores coa ideia de versionar Interceptor coma proxecto cinematográfico.

A história orixinal vai sobre vampiros que evolucionaron nun ermo devastado polas guerras nucleares e que están tentando chegar ás estrelas. Tentando describir o proxecto, Krelitz dixo: “É así: Buffy nun traxe mech aterriza nun burato infernal nun país de Mad Max de vampiros e desata un trebón de destrución con balas ultravioletas e de neón enchoupada de sangue. Ademais hai nenos pequenos con ametralladoras, arañas robot con torretas de canóns láser, unha Area 51 chea de prisioneiros de vampiros e tecnoloxía álien, cans de guerra, cousas do espazo, presidentes malvados, reis inmortais, espadas, bandas punk de vampiros… xa vos falei dos traxes mech?

Krelitz, David Boxenbaum e Brian Witten producirán o proxecto para a Heavy Metal, que tamén está a desenvolver outros proxectos de filmes baseados en Roche Limit e Hoax Hunters xunto a unha minisérie baseada en The 49th Key.