A Rúa do Medo á pantalla grande

1315

A 20th Century Fox e mais a Chernin Entertainment van-se asociar para desenvolver un filme baseado na popular série de novelas Fear Street, creada polo mesmo autor de Goosebumps, R.L. Stine.

A série, dirixida igual ca Goosebumps a un público adolescente desexoso de lér histórias de terror, está ambientada nunha vila fictícia en Ohio e vai sobre uns misteriosos asasinatos que normalmente están causados por elementos sobrenaturais e que conteñen mais violéncia cós libros de Goosebumps.

Stine dixo que polo de agora non pode fornecer mais detalles: “Non se me permitir dicir ren, pero si, algo vai acontecer. Normalmente son unha persoa imprecidíbel pero é que eles realmente non queren que diga ren sobre isto“.

Hai alomenos 100 títulos nesta série, que vendeu mais de cen millóns de exemplares en todo o mundo dende que comenzou a se publicar en 1989. En total, Stine vendeu mais de 500 millóns de exemplares de todos os seus libros.