A secuela de Hansel e Gretel será na tele

1284

A Paramount Pictures descartou os seus plans para facer unha secuela do filme de fantasía e acción de 2013 Hansel & Gretel: Witch Hunters e no seu lugar están xa a considerar as opcións para converter a franquía nunha série de televisión a través da súa canle Paramount TV.

O primeiro filme custou 50 millóns de dólares e recadou 225 millóns en todo o mundo, ainda que case todo fóra dos Estados Unidos, polo que os produtores consideran que é demasiado arriscado tentar unha segunda entrega. Bruno Aveillan ía ser o director da continuación e Jeremy Renner e mais Gemma Arterton ían regresar aos papéis protagonistas, pero a decisión de pasar-se á televisión colleu a moitos por surpresa e xa non está claro quen está ainda vencellado ao proxecto e quen non, á parte dos produtores.

Esta é a segunda ocasión na que a Paramount decide pasar-se á televisión, despois de que a súa franquía de Jack Ryan sofri-se o mesmo tránsito e se converte-se en série na Amazon Original TV.