
Dende hoxe 4 de novembro e até o vindeiro 3 de decembro celebrará-se en Santiago o certame Cineuropa, o máis importante encontro de cinema de Santiago de Compostela. O esquema de festival non competitivo está perfectamente consolidado nunha cidade que todos os novembros vibra ao ritmo das bobinas cinematográficas.
Xa van vinte e dúas edicións con esta de 2008, e Cineuropa volve achegar máis de cen filmes a cinco salas distintas da cidade: Teatro Principal, Salón Teatro, o CGAC e a Aula de Cultura Caixa Galicia. E con todas as vantaxes para o público: abonos para que a asistencia poida saír aínda máis económica e venda de entradas a través da web de Caixa Galicia.
Para os afeccionados, o certame tamén inclúe filmes de ciéncia-ficción e de xénero fantástico. Así, Encontros na Fin do Mundo, Galicia Animada (composta por várias curtas de debuxos animados galegos), a multipremiada ¡Maldito Bastardo!, Alén da Realidade (tamén composta por várias curtas de xénero fantástico), A Cegueira, O Planeta Prohibido, O Home con raios X nos ollos, o maratón “Unha de Vampiros”, O Espírito do Bosque, O Espello, e algunha outra que seguro que nos deixamos no tinteiro.