A FX desenvolverá o Derradeiro Home

0
483

A canle de televisión por cabo FX está a desenvolver unha adaptación á pequena pantalla de Y: The Last Man, o cómic de ciéncia-ficción de Brian K. Vaughan.

A saga, composta por 60 números, vai sobre un xoven artista das fugas chamado Yorick Brown e mais o seu mono Ampersand, os dous derradeiros exemplares de xénero masculino da Terra. Algo descoñecido mata simultáneamente a todos os mamíferos da Terra que posúan un cromosoma Y masculino, incluíndo embrións, óvos fertilizados e mesmo esperma.

A sociedade cae no caos e as infraestruturas se veñen abaixo mentres as mulleres tentan sobrevivir pola perda dos homes. Yorick comeza unha misión para procurar á súa moza Beth, que estaba de vacacións en Austrália.

Hai moitos anos que se leva intentando adaptar este cómic ao cinema. DJ Caruso (Disturbia), Louis Leterrier (The Incredible Hulk) e Dan Trachtenberg estiveron anteriormente vencellados coma directores do proxecto, que nalgún ou outro intre ían protagonizar Shia LaBeouf e Alicia Keys.

O proxecto para a televisión estivo pola súa banda detido porque a FX tivo que agardar até que os dereitos sobre o cómic regresaran da New Line a Vaughan.

Nestes intres están a procurar un guionista para que desenvolva a série xunto a Vaughan, ademais dun director para o episódio piloto. Os produtores de The Hunger Games Nina Jacobson e Brad Simpson serán os produtores da série xunto á Color Force, a canle FX e mais a FX Productions.