Outro reinício dos Dez Mandamentos

0
588

O fracaso nos despachos de billetes do filme de Ridley Scott Exodus: Gods And Kings seica non vai deter á Disruption Entertainment, que está a traballar nun relanzamento contemporáneo de The Ten Commandments para a Paramount Pictures.

O website Tracking Board informou que as dúas empresas unirán-se para este novo proxecto, que tentará recuperar a grandeza do filme producido en 1927 por Cecil B. DeMille e especialmente o da versión de 1956 que continúa a ser a grande referéncia no tocantes ás antigas lendas xudeas. O mesmo ano pasado con Noah recadaron 362 millóns de dólares.

Polo de agora non hai nomes vencellados ao proxecto. Sábe-se que o filme dramatizará os relatos bíblicos sobre a vida do mitolóxico semideus Moisés, un príncipe xudeu adoptado polos exípcios e que se converte no pai da nación hebrea, daquela escravizada polos exípcios. Moisés liderará o éxodo no que deben percorrer menos de 200 kilómetros ao longo de 40 anos até chegaren ao monte Sinaí, onde recebe os dez mandamentos das mans dos deuses.

O mesmo conto foi adaptado o ano pasado en Exodus: Gods And Kings, recadando 268 millóns, e en 1998 nun filme de debuxos animados de propaganda cristiá titulado The Prince of Egypt e que fixo 218 millóns.