A Torre do Terror da Disney

0
403

A Disney está á procura dun guionista para que escriba unha longametraxe que adapte ao cinema Tower Of Terror, unha das súas atraccións mais antigas e populares nos seus parques temáticos.

A história vai sobre cinco persoas nun elegante hotel que collen o ascensor e desaparecen após de que este sexa alcanzado por un lóstrego. O guionista de Big Fish, John August, xa escribiu un primeiro esbozo para unha posíbel película, que sería sobre unha casa enmeigada.

August en todo caso será o produtor xunto a Jim Whitaker. Steve Guttenberg e mais Kirsten Dunst protagonizaron en 1997 un telefilme baseado na mesma atracción, a que daquela constituiu a primeira película baseada nunha atracción dun parque de atraccións. Despois seguiría a mais ca famosa saga de Piratas do Caribe.