O remake de Jumanji, para nadal de 2016

0
335

Scott Rosenberg (Con Air) ven de se facer cargo de reescribir o guión do vindeiro relanzamento de Jumanji para a Sony Pictures.

Seica a nova versión será mais unha recreazón do libro orixinal de Chris Van Allsburg e non un simples remake do clásico familiar de 1995  que protagonizou Robin Williams. A história ainda así tratará sobre o concepto dun xogo de mesa que se converte en real.

Matt Tolmach e mais Bill Teitler producirán este proxecto, convertido nunha prioridade para os estudos, que queren te-lo xa nas pantallas dos cinemas para o nadal do ano que ven. Jeff Pinkner, quen recentemente traballou con Rosenberg na série da CBS Zoo, será consultado para este guión.