Dora a Exploradora e os Micronautas, ao cinema

0
430

Após de abandoar a DreamWorks Animation, o guionista de Puss In Boots Tom Wheeler ven de ser contratado pola Paramount Pictures para que escriba unha adaptación con actores reais da série de debuxos animados da canle Nickelodeon Dora The Explorer.

Wheeler ademais recebiu o encargo de escribir o vindeiro primeiro boceto dunha versión con actores reais da liña de xoguetes de ciéncia-ficción da Hasbro Micronauts, que a Paramount e mais a Bad Robot levan a desenvolver dende hai anos.

Wheeler recentemente escribiu o guión de Vostok, unha ideia para un filme que a Paramount mercou para que desenvolva a Platinum Dunes de Michael Bay.