Rihanna entra en Valerian

0
420

A artista de performance musical Rihanna ven de se unir ao reparto de Valerian and the City of a Thousand Planets, a nova película épica de ciéncia-ficción do director de The Fifth Element, Luc Besson.

Dane DeHaan e Cara Delevingne serán os protagonistas desta adaptación á pantalla grande dunha saga de novelas gráficas francesas creadas por Pierre Christin e Jean-Claude Mézières nos anos 60 e que trata sobre como será o século XXVIII cando a humanidade descubra as viaxes no tempo e dispoña de axentes patrullando oas acontecementos históricos para protexe-los inalterados.

O papel de Rihanna non está especificado, pero o mesmo Besson fixo o anúncio a través da súa conta de Instagram. A Weta Digital, a Industrial Light & Magic e mais a Rodeo FX están a traballar conxuntamente nos efectos especiais do filme, cuxa rodaxe comezará en Franza no vindeiro mes de xaneiro coa idea de se poder estrear en xullo de 2017.