Chloe Moretz será a nova sereíña

999

Chloe Moretz será a encargada de lle dar vida ao persoaxe principal na versión para o cinema con actores reais do clásico conto de Hans Christian Andersen Den lille Havfrue (A sereíña) para a Working Title e mais a Universal Pictures.

Polo de agora ainda non se sabe moito mais desta adaptación e de se se afastará moito do conto orixinal dunha serea que quere converter-se en humana após de se namorar dun home ao que axudou a non afogar. En todo caso, non será unha adaptación da película da Disney de debuxos animados.

Richard Curtis está en conversas para escribir o guión, mentres ca Tim Bevan e Eric Fellner serán os produtores. A directora Sofia Coppola estivo até uns meses vencellada ao proxecto, pero o abandonou por mor de diferéncias creativas.