Morreu Michael Crichton

871

Michael Crichton nunha aparición recenteMichael Crichton, escritor e cineasta, ven de finar en Los Angeles (Califórnia) aos 66 anos por mor dun cancro, segundo informou hoxe a sua própria páxina web.

A família do prolífico escritor, autor de supervendas das que moitas son xa clásicos da ciéncia-ficción coma Parque Xurásico, O Guerreiro número 13 ou A Ameaza de Andrómeda, confirmou a triste nova informando nun comunicado que a morte produciu-se onte 4 de novembro á idade de 66 anos. O autor mantivera dende había meses unha loita contra o cancro, que finalmente perdeu.

A través dos seus libros, Michael Crichton serviu de inspiración a estudantes de todas as idades, desafiou aos científicos en moitos eidos e iluminou os mistérios do mundo dun xeito que todos puidemos comprender“, dixo a família no comunicado.

Crichton foi autor de éxitos literários coma Congo, Parque Xurásico ou Esfera, dos cales chegou a vender mais de 150 millóns de exemplares en trinta línguas distintas. Ademais, foi o criador de séries de televisión, tanto fantásticas coma de ficción.

Crichton, un vigoroso ultraconservador no terreo político, é considerado coma o creador do xénero literário do techno-thriller, baseado en argumentos coa tecnoloxia como elemento fundamental. Várias das suas obras foron levadas ao cinema e el mesmo coproduciu outras, coma O mundo perdido, Twister, Punto Crítico, Rescate no Tempo ou Next.

A sua muller Sherri, a sua filla Taylor, família e amigos coñecian a Michael Crichton como un esposo devoto, pai agarimoso e amigo xeneroso que nos inspirou a cada un de nós para loitar por ver as marabillas do noso mundo a través de novos ollos“, engade a nota. “Fixo isto cun sentido do humor irónico que, os que tivemos o priviléxio de coñecer, xamais esqueceremos“, conclúe o comunicado.