Darkover na Amazon

0
327

DarkoverA Amazon Studios quere facer unha adaptación para a pequena pantalla da série de libros de Darkover, orixinal da escritora Marion Zimmer Bradley. As mais de dúas dúcias de novelas e contos da saga escrita entre 1958 e 1996 misturan fantasía con ciéncia-ficción nun tón eminentemente feminista e narran as aventuras dos habitantes do exótico planeta Darkover. Ilene Kahn Power e Elizabeth Stanley serán as produtoras executivas e están á procura dun guionista que se encargue da adaptación.