Lena Headey é a Muller na Fraga

961

A actriz de Game of Thrones Lena Headey (Cersei Lannister) será con toda probabilidade a protagonista da adaptación ao cinema do thriller de Russell Friedenberg The Woman in the Woods.

Headey interpretará á muller nunha parella que decide separar-se e marchar nunha derradeira viaxe familiar de acampamento a un área remota do noroeste dos Estados Unidos para lle contar as novas á súa filla pequena. Pero alí se agocha unha presenza maligna nos bosques, que comeza a influír sobre a rapaza.

Após do seu regreso a Seattle, un detective da Policía investiga unha série de casos de desaparicións e se decata de que a filla pequena é a responsábel. Friedenberg ér tamén o autor do guión que adapta a súa própia novela e Heather Rae será a produtora.