O Grande Heroe Americano voa outra vez

0
347

A FOX ven de lle dar a luz verde oficialmente á produción dun episódio piloto rodado cunha soa cámara da comédia de ciéncia-ficción Greatest American Hero, un remake da clásica série de superheroes dos anos 80.

O director e guionista de Dope, Rick Famuyiwa, formará equipa cos guionista e directores de 21 Jump Street e The LEGO Movie, Phil Lord e Chris Miller, nesta nova versión do programa creado en 1981 por Steven J. Cannell sobre un home normal e corrente que de súpeto adquire grandes superpoderes grazas a un traxe que nunca pediu e por mor do cal deberá enfrontar-se a novos problemas na súa vida.

Miller, Lord, Seth Cohen e mais Tawnia McKiernan serán os produtores executivos da série, que polo de agora conta cunha directora de cásting encargada de atopar a un actor protagonista. Esta será a segunda oportunidade de resucitar a série por parte de Lord, Miller e McKiernan, quen xa o intentaron o ano pasado cando aínda estaba Rodney Rothman a bordo do proxecto.

William Katt e Robert Culp foron os actores protagonistas da série orixinal, que durou tres tempada na canle ABC e que aída hoxe é relembrada, probábelmente grazas á canzón da súa sintonía orixinal.