Nicole Kidman prepára-se para Wonder Woman

0
305

A actriz gañadora dun Oscar Nicole Kidman está a negociar a súa incorporación no papel dunha poderosa guerreira amazona xunto á israelí Gal Gadot na vindeira longametraxe Wonder Woman da Warner Bros. Pictures.

Os detalles do papel polo de agora non se coñecen, se ben se especula que podería ser o de Hyppolyta, a raíña das Amazonas e nai biolóxica de Diana Prince. Arestora de todos os xeitos non se sabe o fiel que será esta nova entrega con respeito das anteriores versións do persoaxe dos cómics.

Patty Jenkins é a directora do proxecto, que contará con Chris Pine coma coprotagonista, no papel de Steve Trevor, o namorado da Muller Marabilla. Jason Fuchs (Pan) escribiu o guión, e Zack Snyder, Deborah Snyder, Charles Roven e Richard Suckle serán os produtores. O filme non se estreará até o 23 de xuño de 2017.