A filla de Van Helsing chega á tele

0
368

A canle Syfy ven de adquirir trece episódios da série de televisión Van Helsing, unha nova versión do mito de Drácula e do seu mais famoso cazador de vampiros, que esta vez será unha muller.

A Nomadic Pictures, a mesma produtora dos programas da FX Fargo e da AMC Hell on Wheels, será a encargada de realizar esta série de ciéncia-ficción con Neil LaBute traballando coma guionista e showrunner.

Nesta nova versión, a acción céntra-se en Vanessa, a filla do mítico cazador de vampiros Abraham Helsing, que é resucitada cinco anos no futuro para descubrir que os vampiros se apoderaron do mundo e que ela é a única que ten o poder de destruí-los. Vanessa convérte-se na única esperanza da humanidade de liderar a ofensiva e recuperar o terreo perdido.

A produción dará comezo en xaneiro en Vancouver pola Nomadic Pictures de Simon Barry (Continuum) e a estrea será ao longo do outono de 2016.