Doug Liman dirixe a Gambit

0
350

O director de Edge of Tomorrow e The Bourne Identity, Doug Liman, podería axiña converter-se no responsábel de Gambit, o filme spin-off dos X-Men que protagonizará Channing Tatum para a 20th Century Fox.

Tatum interpretará ao persoaxe favorito dos fans da Marvel Comics, un mutante de New Orleans que pode manipular a enerxía cinética. Lea Seydoux será pola súa banda a protagonista feminina, a líder dunha banda de asasinos Bella Donna Boudreaux.

Liman fai-se cargo do proxecto que Rupert Wyatt abandonou no pasado mes de setembro. Tatum, Simon Kinberg, Lauren Shuler Donner e Reid Carolin continúan a bordo coma produtores.

O filme ten previsto estrear-se nas salas de cinema o vindeiro 7 de outubro do ano que ven.