A 20th Century Fox está a manter conversas co director de District 9 e Elysium, o sudafricano Neill Blomkamp, para que escriba o guión e dirixa a adaptación ao cinema da novela de ciéncia-ficción aínda sen publicar de Thomas Sweterlitsch The Gone World.

A Chernin Entertainment producirá este filme que vai sobre viaxes no tempo pero de cuxos detalles polo de agora non se sabe moito mais. O anterior libro de Sweterlitsch, Tomorrow and Tomorrow, fora mercado pola TriStar tamén para facer unha película.

Blomkamp dirixiu ultimamente Chappie e estivo bastante tempo a traballar nunha continuación da saga de Alien até que Ridley Scott decidiu abandoar ese proxecto e apostar en troques por unha secuela do seu decepcionante Prometheus.