Boyens, a guionista de Merlín

0
293

Philippa Boyens, unha das principais guionistas que axudaron a levar as obras de J.R.R. Tolkien Lord of the Rings e mais The Hobbit á pantalla grande, será a encargada de escribir a adaptación para o cinema da série de T.A. Barron The Merlin Saga para a Disney Pictures.

Nos libros, que abarcan un total de cinco novelas escritas entre 1996 e 2000, o xoven meigo é o protagonista dunha história moito mais ampla na que se decide o futuro da máxia no mundo. Gil Netter será o produtor.

A película contémpla-se coma o comezo dunha posíbel nova franquía mais semellante á de Harry Potter ca King Arthur: Knights of the Roundtable, a versión co mesmo persoaxe que Guy Ritchie ven de rematar de filmar e que se estreará o ano que ven cun tón mais sinistro e dirixido a un público adulto.