Queren a McConaughey para a Torre Escura

0
449

O actor de moda, Matthew McConaughey, ten sobre a mesa unha oferta para interpretar o papel protagonista na adaptación ao cinema da épica saga de novelas fantásticas de Stephen King The Dark Tower para a Sony Pictures e mais a MRC.

O que non está claro é quen será o protagonista, xa que unhas fontes afiran que os produtores queren que McConaughey faga o papel do Pistoleiro, Roland Deschain, mentres ca outras din que a oferta é para facer o papel de Randall Flagg, o vilán do conto.

Nikolaj Arcel (A Royal Affair) dirixirá esta película que contará asemade cunha série de televisión que se emitirá simultáneamente. Akiva Goldsman e mais Jeff Pinker escribiron o guión para o filme, baseado no primeiro dunha saga que abarca un total de sete tomos.

Nunha declaración, King dixo: “Estou emocionado de que The Dark Tower vaua chegar por fin ás pantallas. Aqueles que viaxaron con Roland e os seus amigos na súa procura da Torre Escura van ver totalmente colmadas as súas esperanzas. Esta é unha versión brillante e creativa dos meus libros“.

Ron Howard ía ser inicialmente o director do primeiro filme, pero finalmente decediu vencellar-se á produción da série por médio da súa compañía produtora, a Imagine Entertainment, e xunto a Brian Grazer e Erica Huggins. O primeiro filme ten previsto estrear-se o 13 de xaneiro de 2017.