A Fox TV Studios ven de se asociar coa CTV de Canadá, a ProSieben de Alemaña e mais a BBC inglesa para realizar conxuntamente Defying Gravity, unha nova série de televisión de ciéncia-ficción que protagonizará Ron Livingston.
Defying Gravity, orixinal do creador e produtor executivo James Parriott (o de Anatomía de Grey) e mais do produtor executivo Michael Edelstein (Mulleres Desesperadas), está ambientada nun futuro vindeiro e vai sobre oito astronautas de cinco países que emprenden unha perigosa misión de seis anos a través do sistema solar. A actriz alemá Florentine Lahme tamén estará no reparto.
David Straiton asinou para dirixir o primeiro episódio da série, cuxa produción está prevista para escomezar o vindeiro 19 de xaneiro en Vancouver, Canadá.
Defying Gravity será a terceira série independente que produce a Fox TV Studios este ano coa axuda de parceiros internacionais.
A Fox mercará a série para emiti-la nos Estados Unidos, pero dada a ampla colaboración internacional é moi posíbel que a distribución chegue ás nosas pantallas con relativa facilidade.