Hawley producirá O Berce do Gato

0
334

O showrunner da série Fargo, Noah Hawley, será o encargado de desenvolver unha série limitada que adaptará á televisión a clásica novela de ciéncia-ficción Cat’s Cradle, escrita por Kurt Vonnegut en 1963, para a canle FX.

A história vai sobre un home que fica vencellado ao fillo dun físico gañador do prémio Nobel e que traballara anteriormente para o Proxecto Manhattan. A acción ten lugar nunha illa do Caribe povoada por un estraño culto relixioso.

O macguffin do relato é unha substáncia creada polo físico para o Exército chamada “xelo nove”, unha estrutura alternativa do auga que é sólida a temperatura ambiente pero que pode causar que calquera líquido que entre en contacto con ela se solidifique ao instante.

O proxecto foi abandoado polo seu potencial perigo, xa que se calquera cantidade desa substáncia entrara en contacto cun corpo de auga vencellado ao océano, conxearía literalmente todo o auga do planeta eliminando toda a vida da Terra.

Hawley será o guionista e mais o produtor executivo do proxecto, a súa terceira série de televisión neste mismo canle despois do seu éxito con Fargo e da vindeira Legion, unha série aínda por estrear pero que está relacionada co universo dos X-Men. A IM Global Television producirá este novo programa, que tamén conta con Brad Yonover e Sandi Love coma produtores executivos.